22 Novembro 2011 — 31 Xaneiro 2012
NORMAL

http://istoenormal.org/images/110.jpg

MARCELA E ELISA

Na Coruña cativa e afastada de comezos do século pasado, dominada aínda pola Torre, dúas mulleres decidiran casar. Había formas máis convenientes, máis discretas de levar unha relación así, fóra dos focos. Mais elas casaron como se fose posible, como se fosen home e muller, como se fosen dúas persoas libres e namoradas.

Elisa e Marcela foron Mario e Marcela ante o altar e ante a cámara do estudo de Sellier, o fotógrafo. Acabaron descubertas e a noticia alimentaría durante meses a curiosidade maliciosa da prensa en Galicia, España e Portugal. “Matrimonio sen home”, escribían. Eran a muller barbuda, era un espectáculo de feira, motivo para disquisicións morbosas sobre as patoloxías sexuais e as neuroses femininas. Quixeron fuxir, mais todo era cada vez máis difícil. Maletas desfeitas na Coruña, en Porto, en Bos Aires, en México… Normal trae de volta a Marcela e Elisa, antigas estudantes da Normal. Dámoslle tamén a volta á súa historia: unha historia tráxica de amor e de fuxida. Acaso, unha simple historia de amor.

Horarios: Luns a venres de 11 a 22 horas, e sábados de 11 a 21 horas
22 NOV / 31 XANEIRO (2012)

ORGANIZA E PRODUCE: NORMAL
PATROCINAN: INSTITUTO DA MULLER, FONDO SOCIAL EUROPEO, CONCELLO DA CORUÑA
COLABORAN: A CORUÑA VISIBLE, DEPUTACIÓN DA CORUÑA E MUPEGA
COMISARIADO: PABLO PEINADO
ASESORAMENTO: NARCISO DE GABRIEL
DIRECCIÓN DE ARTE: SUSO MONTERO
AXUDANTE DE ARTE E PRODUCIÓN: MARIA VILLAS
PLAN DIDÁCTICO: NORMAL E CREARTE
DESEÑO GRÁFICO: JULIA NÚÑEZ

Actividades complementarias: – Plan de didáctica de visitas guiadas e obradoiros en centros de ensinanza secundaria e centros cívicos. – Ciclo de Cine: Marcela e Elisa. (Á Volta D) O Lesbianismo No Cinema.


Plan de didáctica de visitas guiadas e obradoiros de videoarte en centros de ensinanza secundaria e centro cívicos

NORMAL, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, trae de volta a Marcela e Elisa, mestras e antigas estudantes de NORMAL, e convídavos a coñecer a súa historia de amor e a reflexionar cos vosos est sobre ela a través de visitas dinamizadas á mostra e obradoiros de videoarte cuxo resultado será estudantes despois proxectado en NORMAL.

Visitas dinamizadas á exposición
Un educador especializado fomenta o diálogo cos rapaces a partir das pezas da mostra (fotos, instalacións, audiovisuas…) que relatan a historia de Marcela e Elisa para conseguir clarexar algunhas dúbidas.
Sexo, xénero, identidade e orientación sexual… aínda cres que son a mesma cousa?
Sabes? Realmente, este mundo non é só “hetero”
Cantas formas de homofobia coñeces?
Discriminación? Non, grazas
N.º de participantes por visita: 30/grupo ou aula
Duración: 75 min aprox.
Facilítase material educativo para a súa lectura na aula antes de realizar a visita a NORMAL.

Obradoiros de videoarte

De entre os grupos que visiten a exposición, cinco centros educativos terán a oportunidade de realizar ben na aula ou ben no mesmo espazo de NORMAL un obradoiro que emprega disciplinas de creación contemporánea como a acción, a performance, a poesía e o vídeo. Imaxes procedentes da mostra e outras de arte contemporánea, a música, os cadáveres exquisitos… serán o detonante para a elaboración dun texto en grupo sobre o que para os rapaces significa a igualdade con independencia da orientación sexual das persoas, as situacións que mudarían no mundo que os rodea e a súa propia visión sobre esta realidade en clave actual.
Despois do traballo como guionistas os rapaces converteranse en actores e actrices para interpretaren ese texto a través da imaxe empregando recursos variados, como transformar o seu xénero e mudar os roles que a sociedade nos debuxa a través de elementos moi básicos na caracterización. Este proceso será gravado, producido e finalmente proxectado na sala de exposicións de NORMAL como un elemento máis da mostra que poderá ser contemplado por calquera visitante e por suposto polos seus protagonistas.
N.º de participantes por visita: 30/grupo ou aula
Duración do obradoiro de videoarte: 3 h aprox.

Crearte Servizos Culturais é a empresa encargada do proxecto educativo. Para facerdes a reserva da vosa visita remitide un correo electrónico ao seu enderezo electrónico en que indiquedes:
As datas en que se quere facer a visita (ata o 31 de xaneiro de 2012)
O nivel educativo dos rapaces
O centro educativo, con teléfono de contacto
A persoa de contacto
RESERVAS: info@creartesc.es
Máis información: Teléf. 881 913 055

Actividades gratuítas


Ciclo de Cine: Marcela e Elisa. (Á Volta D)O Lesbianismo No Cinema
Presentamos un ciclo sobre o lesbianismo no cinema que, desde unha perspectiva poliédrica, pretende abranguer unha ampla variedade de enfoques sobre o tema. Partindo da premisa da calidade artística dos filmes, que en ningún caso son simplemente un medio para vehicular un discurso reivindicativo, senón textos esteticamente complexos e ricos, facendo boa a premisa de Jean-Luc Godard de que «non hai que facer filmes políticos, senón facer politicamente os filmes» e tratando de evitar os tópicos ao uso neste tipo de ciclos temáticos, poderemos ver algunhas das achegas máis importantes da vangarda europea e norteamericana dos anos 60 (Fassbinder, Vera Chitylová, Kenneth Anger), unha das primeiras aproximacións ao tema por parte do Hollywood posclásico (A calumnia, William Wyler), escrito pola guionista e dramaturga lesbiana Lillian Hellman, ou as curtas da chamada nai do cine feminista Maya Deren e o impactante e descoñecido achegamento dun dos pais da modernidade xaponesa en Paixón, de Yasuzo Masumura.

NOVEMBRO
24 NOV A CALUMNIA. William Wyler, 1961.

DECEMBRO
1 DEC AS MARGARIDAS. Vera Chitylová, 1966.

XANEIRO
12 XAN PAIXÓN. Yasuzo Masumura, 1964.
19 XAN SESIÓN DE CURTAMETRAXES:

  • Meshes of the Afternoon. Maya Deren, 1943
  • Two Women. Man Ray, sen data
  • Inauguration of the Pleasure Dome. Kenneth Anger, 1954-56.

26 XAN GO FISH. Rose Troche, 1994.

FEBREIRO

2 FEB AS AMARGAS BÁGOAS DE PETRA VON KANT. R. W. Fassbinder, 1972.


•As proxeccións terán lugar os xoves indicados, ás 20.00 h.
•Entrada libre até completar a capacidade.
•Presentación e textos dos filmes.