11 Xuño 2012 — 20 Xullo 2012

http://istoenormal.org/images/226.jpg

POÑER COUSAS EN ORDE

‘Poñer cousas en orde’ consistiu en 40 días de imaxes, música, accións e palabras.
‘Poñer cousas en orde’ é unha metáfora de todo acto creador moderno e serve como eixo para facer unha proposta global nun contedor de cultura contemporánea como NORMAL.

Poñer cousas en orde é un programa que sucede nun marco temporal. A exposición de obras visuais, os concertos e as charlas intercálanse no programa e serven como reclamos mutuos. O tipo de obras é mixto e multidisciplinar, ao igual que o estilo das propostas musicais e as temáticas das charlas.