9 Setembro 2016 — 29 Setembro 2016

http://istoenormal.org/images/573.jpg

VIDAS REFLECTIDAS

A exposición colectiva VIDAS REFLECTIDAS é o resultado fotográfico de tres viaxes a Nicaragua, Uganda e Ecuador. A mostra recolle instantáneas das viaxes de voluntariado e cooperación realizadas por dous profesores e un estudante da Universidade da Coruña.

VIDAS REFLECTIDAS consta de máis de 50 fotografías que amosan tres miradas sobre a realidade e o contexto social de cada un destes tres países. As viaxes e exposicións están financiadas polas convocatorias da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, dentro dos “Proxectos de Coñecemento da Realidade e Cooperación” e de “Educación ao Desenvolvemento, Sensibilizacón e Participación Social”.

A entrada é libre. O horario da sala de exposicións é de 11 da mañá a 9 da noite, de luns a venres.