
Obradoiro no Museo do Pobo Galego: A miña primeira película (sen cámara) Obradoiro creativo de cinema para familias, con Alberto Vázquez (Espacio Rojo)
Sabiades que podemos facer cine sen usar cámaras? Neste obradoiro aprenderemos como, aplicando técnicas das artes plásticas sobre o soporte cinematográfico. Desta maneira, os e as participantes poderán intervir sobre o
celuloide, traballar as orixes do cinematógrafo ou manipular un zootropo entendendo como se chega ao movemento na imaxe.

Presentación de “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros” na Casa dos Poetas
A Casa dos Poetas de Celanova acolle o xoves, día 7 de febreiro de 2019, ás 19.00 horas, a presentación de “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros”, obra que recolle recompilacións de Celanova e Vilanova dos Infantes elaboradas por varios veciños da zona ligados ás bandas de música deste concello, ás que se lle suman colaboracións doutros autores da comarca. Publicado polo Concello de Celanova, co apoio económico da Secretaría xeral de Política Lingüística, esta obra recolle tamén un vocabulario básico da lingua da xingra ou barallete dos músicos, que aínda actualmente segue a empregarse.

Bienal de fotografía etnográfica “Entreamigos”
O Día das Letras Galegas de este ano 2019 estará dedicado a D. Antonio Fraguas Fraguas, Membro Fundador e Director do Museo do Pobo Galego, polo que a temática desta edición basearase nos traballos etnográficos do homenaxeado

Visita guiada Libertas por parte do autor
exposición visita guiadaHoxe xoves 8 de novembro, ás 19 horas en Normal, terá lugar unha visita guiada da exposición Libertas, aberta ao público, da man do seu autor Olegario Sampedro.

Interaccións artísticas en Galicia
encontro interacción artísitica residenciaO venres 22 de xuño, como clausura do I encontro/residencia de creadores emerxentes de Galicia, terá lugar unha xornada de portas abertas no pazo de Mariñán, de 16:00 a 18:00 horas.

Matria. Curtametraxe de Álvaro Gago
audiovisuais curtasNormal iniciou, con Álvaro Gago e a súa curta Matria, que foi proxectada no Cubo de Normal o 8 de maio, un ciclo chamado Conversas coa dirección, co fin de achegar ao público persoalmente a obra fílmica das persoas invitadas e de ofrecer a posibilidade de conversar cos seus directores ou directoras.

Obradoiro de radio
comunicación obradoiros radioO Obradoiro de Iniciación á Radio ofreceu a posibilidade de coñecer técnicas de locución, preparación dun programa (a produción), manexo de mesa de misturas e software técnico co que se pode incluso realizar gravacións e podcast na túa casa. Na última parte do curso, realizouse un programa de radio en directo no estudio José Couso da emisora.

Ritmo e improvisación. A percusión vital
música obradoiros percusiónObradoiro de carácter teórico-práctico para comprendermos, apreciarmos e usarmos o ritmo dunha forma creativa. Impartido por Marcel Pascual Royo, músico licenciado en Pedagoxía da Percusión e Vibráfono Jazz.
Esta actividade está dirixida a músicos/as afeccionados/as de tódalas idades, estudantado de música de nivel medio, ou simplemente persoas interesadas en se aproximaren a diferentes formas artísticas con vontade de experimentaren a música de forma lúdica. Utilizarase a percusión corporal, instrumentos musicais básicos e obxectos reciclados por seren ferramentas simples e accesibles.

Obradoiro de novela gráfica II
banda deseñada obradoirosContinuación do obradoiro do pasado cuadrimestre, no que afondaremos nos aspectos creativos, conceptuais e técnicos da realización de cómics. Para elo faremos exercicios prácticos tanto dentro como fora da aula.

Mobiliario en cartón
habilidades persoais obradoirosObradoiro con base técnica e de longa duración en que o asistente aprenderá os fundamentos da ergonomía e o deseño básico para pezas en escala real.
Ao longo do curso cada asistente porá en práctica os coñecementos impartidos para construír varias pezas de mobiliario de cartón.