http://istoenormal.org/images/591.jpg
"Belle, bonne, sage" de Baude Cordier

A música e os cinco sentidos. Historia(s) da música

O obradoiro oferta un percorrido pola historia da música a través de audicións comentadas, encadradas no seu contexto histórico e estético, e vinculando a música con outras artes. Con isto preténdese dotar ao alumnado das ferramentas básicas para escoitar a música de diferentes épocas, unindo coñecemento reflexivo e gozo estético.

No curso traballarase o seguinte:

a) Exposición teórica de conceptos.
b) Audicións para a aplicación práctica deses conceptos: para iso analizaremos pezas mediante a súa audición, visión ou partitura, cando así proceda.
c) Análise de documentos: lecturas de textos, notas de prensa, imaxes, partituras e calquera outro soporte documental, para completar, amenizar e coñecer outras fontes de información musical.
d) Posta en común e debates para potenciar a practica da argumentación e aprender a compartir ou disentir.

Neste curso non só se impartirá a historia da música occidental desde a antigüidade até as vangardas do século XX. Trataranse tamén ciencias afíns, como músico-terapia, musicoloxía ou etno-musicoloxia, as ferramentas básicas para a análise musical e aspectos como a historiografía musical e as fontes de información en música.

Profesora: Trinidad Gancedo. Licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidad de Valladolid e especialista en historia da música e documentación musical.

Datas: todos os xoves entre o 16 de marzo de 2017 e o 29 de xuño de 2017.
Horario: de 19:30 a 21:30 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula circular de NORMAL.
Prezos: 40€ estudantes / 60€ PAS e PDI / 80€ público xeral / 45€ persoas desempregadas ou con minusvalía

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 15 de febreiro ao 3 de marzo de 2017. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.es ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá.