http://istoenormal.org/images/689.jpg

Bienal de fotografía etnográfica “Entreamigos”

O Día das Letras Galegas de este ano 2019 estará dedicado a D. Antonio Fraguas Fraguas, Membro Fundador e Director do Museo do Pobo Galego, polo que a temática desta edición basearase nos traballos etnográficos do homenaxeado

PRIMEIRA.

As obras a presentar tomarán como guía de referencia A GALICIA INSOLITA, que recolle a cultura popular, mítica e relixiosa da Galicia hístórica nos seus principais expoñentes .

1. Costumes e crenzas arredor da vida. 2. Meigas e Meigallos. 3. Os animais no folclore. 4. Festas cíclicas Por conseguinte, a temática escollida será acorde ou inspirada nos asuntos que se abordan na obra de Antonio Fraguas que poderán ser obxecto do tratamento que consideren máis acaído. Quedan excluídas as romarías e santuarios por ser obxecto de outra exposición do MPG. SEGUNDA. Os participantes presentarán UNHA SERIE DE ENTRE DÚAS E SEIS FOTOGRAFIAS. De cada fotografía entregarán unha copia con dimensións no lado longo comprendidas entre os 30 e os 50 cms. Entregarán tamén un copia dixital a alta resolución. Acompañarán as fotografías con un pequeno texto explicativo de medio folio, A5, tipo de letra: Arial. TERCEIRA. O prazo de presentación das Obras finaliza o 15 de marzo de 2019 e enviaranse ao seguinte enderezo: OFICINA DE SOCIAS E SOCIOS (ENTREAMIGOS) MUSEO DO POBO GALEGO SAN DOMINGOS DE BONAVAL S/n 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA CUARTA. As obras expostas poderán ser doadas para os fondos do Museo. O prazo máximo para retirar as fotos será de tres meses despois de rematada a exposición. Enviarase comunicación da inauguración e da clausura da exposición. No caso de seren doadas as obras ao Museo faranse as xestións pertinentes (sinatura de documento de doazón). Pregamos que calquera dúbida que se lles ofreza envíen correo electrónico a: socios@museodopobo.gal, indicando no asunto do mesmo ”Entreamigos”