http://istoenormal.org/images/619.png

Caligrafía e Lettering

Obxectivos:
Partindo das normas caligráficas tradicionais de diferentes tipos e varias técnicas de debuxo de letras, chegar a realizar un proxecto real aplicable a distintos ámbitos como o do deseño gráfico, manualidades, ilustración, etc.

Contidos:
Introdución á caligrafía.
Materiais e ferramentas tradicionais e modernos.
Caligrafía con “brush pen” e itálica con pincel.
Caligrafía gótica con plumilla plana tradicional e Pilot Parallel Pen.
Caligrafía xestual.
Transición da caligrafía ao lettering mediante calco.
Introdución ao lettering.
Abecedarios de tipos de letras máis comúns. romana, gótica, latín, scrpit, etc.
Técnicas de debuxo de letras.
Composición.
Ornamentación.
Nocións de conceptos tipográficos aplicables á caligrafía e lettering.
Introdución a outras técnicas (chalk lettering, rotulación tradicional…)
Transición ao mundo dixital. Vectorización de letras.

Profesor: Ernesto De Cicco Toimil, de 7H Cooperativa Galega

Deseñador gráfico, artista urbano e letrista autodidacta. Todo isto suma 15 anos de adicación exclusiva ao estudo dos caracteres xa sexan debuxados (lettering e grati), escritos (caligrafía) ou dixitais (tipografía e vectorización).

Compaxina o seu traballo de deseñador gráfico coa impartición de talleres de iniciación á caligrafía moderna e o lettering.

facebook.com/Meneoner
behance.net/ernestodecicco

Datas: todos os mércores entre o 18 de outubro de 2017 e o 21 de febreiro de 2018.
Horario: de 18:00 a 20:00 horas.
Lugar: Aula 2.3
Prezos: 35€ estudantes / 55€ PAS e PDI / 65€ público xeral / 40€ persoas desempregadas ou con minusvalía
Participantes: máximo 15 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 2 de outubro ao 15 de outubro de 2017. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: normal@udc.gal