http://istoenormal.org/images/551.gif

Cursos e obradoiros creativos do primeiro cuadrimestre

NORMAL abre o prazo de inscrición nos seus obradoiros estables, que inclúen cursos de Arte, Fotografía, Teatro e Danza Contemporánea.

As actividades comezarán a principios de outubro e estenderanse durante todo o primeiro cuadrimestre do curso recén iniciado. Todas as persoas interesadas poderán efectuar a matrícula en liña entre o 14 de setembro e o 2 de outubro.

Obradoiros

O ollo da Arte I

Iniciación á Fotografía: aprender a mirar

Aprender a fotografar: perfeccionamento en Fotografía

Cursos de Teatro e Danza

Teatro NORMAL UDC

I+D Grupo de investigación en Danza Contemporánea

Iniciación á Danza Contemporánea

Interpretación teatral