http://istoenormal.org/images/653.png

Interaccións artísticas en Galicia

O venres 22 de xuño, como clausura do I encontro/residencia de creadores emerxentes de Galicia, terá lugar unha xornada de portas abertas no pazo de Mariñán, de 16:00 a 18:00 horas.

Como resultado do convenio entre a Real Academia de Belas Artes, as tres universidades galegas e os Conservatorios superiores de Música de A Coruña e Vigo, presentarase o resultado das Interaccións Artísticas en Galicia, experiencia pioneira de creación e fusión de diferentes disciplinas artísticas.