http://istoenormal.org/images/618.png

Kino-Ukho. O cine orella. Obradoiro experimental de sonorización e musicalización cinematográfica

Obradoiro de carácter práctico centrado na sonorización musical e non musical de materiais e documentos audiovisuais.

Os asistentes aprenderán técnicas e estratexias metodolóxicas para entender e practicar o son en termos cinematográficos a partir de proxectos individuais ou en grupo. A partir destes tratarase tanto a música en forma de banda sonora como o son ambiental mediante de rexistros propios ou bibliotecas de sons.

Combinaranse sesións de sonorización e musicalización en directo (foley) con outras nas que se deseñarán os sons a través de procesos dixitais e con outras de observación da realidade social e cinematográfica (roteiros pola contorna e visionado de pezas cinematográficas) a partir das que se reflexionará sobre o papel do son na representación cinematográfica e audiovisual da realidade ordinaria, extraordinaria e infraordinaria. A metodoloxía de partida centrarase nas reflexións teóricas do Kino Glaz do cineasta soviético Dziga Vertov xunto coas propias da etnografía sonora e da técnica do son cinematográfico.”

Impartido por Miguel Alonso Cambrón, membro da Sociedade Antropolóxica Galega, documentalista, músico, técnico de son, doutor en Antropoloxía Social e Cultural e especialista en antropoloxía sonora, fonografía social e etnografía sensible.

Datas: todos os xoves entre o 18 de outubro de 2017 e o 31 de xaneiro de 2018.
Horario: de 17:30 a 20:00 horas.
Lugar: Cubo de NORMAL.
Prezos: 35€ estudantes / 55€ PAS e PDI / 65€ público xeral / 40€ persoas desempregadas ou con minusvalía
Participantes: máximo 10 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 2 de outubro ao 15 de outubro de 2017. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: normal@udc.gal