http://istoenormal.org/images/627.jpg

Laboratorio de arte urbana: Creatividade + espazo público + colectividade.

A arte urbana é unha disciplina creativa con infinidade de formas, técnicas e formulacións, onde a liberdade é o factor común, e onde se poden desenvolver proxectos colectivos e individuais no espazo público.

O LAU2018 é un obradoiro de iniciación e aprendizaxe colectiva, onde nos achegaremos a moi diversas disciplinas como o post-graffiti, o poster-art, os modelos e os adhesivos.

PROGRAMA

Sesión 1. Que é isto da arte urbana? Dos TAGs á arte contextual.
Sesión 2. Adheridos… os adhesivos como material de iniciación.
Sesión 3. Hackear a cidade: a contrapublicidade como técnica artística.
Sesións 4 e 5. A peza artística na era da reproducibilidade: cartaces.
Sesións 6 e 7. A peza artística na era da reproducibilidade: modelos.
Sesións 8 e 9. Das latas de spray ás instalacións: as tres dimensións como parte da creación.
Sesión 10. Vandalismo ou arte contextual? A arte urbana como ferramenta de transformación social.

Docentes: O LAU formúlase como un curso multidisclinar cun equipo de sete docentes
especializados en distintas técnicas e coñecementos: Clara R. Cordeiro, Diana Rodeiro
“Nana”, Eva Agra, Vanessa Trinidad “Miss Hope”, Mene Oner, Juan Pablo Venditti e
Adrián Taracido.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas. Non é necesaria experiencia previa.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017.

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

Datas: todos os martes entre o 6 de marzo de 2018 e o 15 de maio de 2018.
Horario: de 17:30 a 20:30 horas.
Lugar: Aula 2.7 de NORMAL.
Prezos: 35 € estudantes / 55 € PAS e PDI / 65 € público xeral / 40 € persoas desempregadas ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %
Participantes: máximo 30 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 de febreiro ao 2 de marzo de 2018. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Enderezo electrónico: normal@udc.gal