http://istoenormal.org/images/636.jpg

Matria. Curtametraxe de Álvaro Gago

Normal iniciou, con Álvaro Gago e a súa curta Matria, que foi proxectada no Cubo de Normal o 8 de maio, un ciclo chamado Conversas coa dirección, co fin de achegar ao público persoalmente a obra fílmica das persoas invitadas e de ofrecer a posibilidade de conversar cos seus directores ou directoras.

Conversas coa dirección Matria de Álvaro Gago

Cubo de Normal: martes 8 de maio ás 20:00 horas
Introdución do filme por parte do director 10’
Proxección de Matria 21’
Charla-coloquio co director

Sinopse Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gober­nada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e á súa neta.

En Matria, o personaxe principal leva todo o peso da historia. Ningún plano existe sen a súa presenza. Trátase de somerxer ao espectador no personaxe. A liña emocional de Ramona é a liña que seguirá a audiencia. Non existe o misterio neste filme. Si a sorpresa, que ven dada pala forma en que o espectador interi­oriza e reacciona ante as situacións a medida que avanza a película, sempre ao mesmo tempo que o per­sonaxe principal.

O ritmo vivo do que queríamos impregnar o filme, é a razón pala que o guión sucede nun só día e non contén grandes elipses temporais. A liña temporal contínua contribúe a non sobrepoñer a película á propia vida.

O espazo en Matria ten unha relación complicada, case antagónica, coa personaxe principal. Ramona non se atopa a gusto nos espazos nos que desenvolve a súa vida cotiá: casa e fábrica de conservas, de aí de buscásemos representalos dunha maneira claustrofóbica en contraposición coa abertura do exterior. Nestes espazos Ramona esconde máis do que mostra: o que vemos de fronte é a contorna e o que vemos de costas é a súa intimidade.

Ramona é, en xeral, un personaxe hermético, de difícil acceso. Expresa as emocións a través da actitude que toma fronte aos problemas. Os problemas son os que revelan a complexidade emocional do personaxe. Só accedemos á psicoloxía de Ramona a través da súa contorna e das súas accións. Non pretendía constru­ir unha película sen emocións, ao contrario, pretendía enchela coa sinceridade das emocións contidas.

Biografía do director

Álvaro estuda comunicación e música en Pontevedra, teatro en Chicago e cinema na London Film School, na que se gradúa no 2013 coa curta ‘Curricán’, gañadora do premio á mellor dirección en Cur­tocircuito e á mellor película no Festival de Cans. En Londres, establécese como montador e compaxina o seu traballo impartindo clases na Young Film School e a organización do Galician Film Fórum.

A súa última curta ‘Matria’ ven de gañar o gran premio do xurado no Festival de Sundance 2018 ademais do premio á mellar curta española na Seminci e mellor filme e mellor actriz en Alcine e Aguilar de Campoo. Actualmente está pre-producindo a súa próxima curta de ficción ‘Vigo, 18 de Decembro’ e escribindo a súa primeira longametraxe.

Festivais e premios

BOMBOLLES (Curtametraxe, Canon 7D, 3’, 2015)
Fajr lnternational Film Festival of Teherán, Shorty lnternational Fiim Festival, Festival Fenêtre sur l’Eu­rope (Premio do público), CMS Children’s lnternational Film Festival, Wolves lndependent lnternational Film Festival.

CURRICÁN (Director/Editor, Curtametraxe, 16mm, 16’, 2013)
Curtocircuito lnternational Short Film Festival (Mellor director), Cans Film Festival (Mellor película), Primavera do Cine (Mellor película), Málaga Film Festival, IBAFF, Bueu International Film Festival, Vitoria-Gasteiz Short FF, IFF far Children – AniFestROZAFA

Ficha técnica

Título: Matria
Natureza: Curtametraxe
Xénero: Drama / Social
País de produción : España
Lingua da verxión orixinal: Galego
Datas de rodaxe: 06/03/2017 – 12/03/2017
Formato de rodaxe: Arri Alexa Mini, 25fps, 1 :66:1 , Cor.
Son: Dolby Digital 5.1

Equipo artístico
Ramona FRANCISCA IGLESIAS BOUZÓN
Amiga PILAR FRAGUA AGRA
Encargada EULOGIA CHAVES FERRO
Marido RAMÓN MARTÍNEZ GARCÍA
Filla MARTA RESILLE
Neta SARA DIOS GÁNDARA
Muller nova JANET ROMERO IGLESIAS Xefe ALBERTO GAGO RODRÍGUEZ
Traballadoras CARMEN MARÍA BARROSO REY !RENE GONZÁLEZ COELLO LUCÍA FERNÁNDEZ PÉREZ SANDRA OUBIÑA ALFONSO SONIA DOMÍNGUEZ GÓMEZ-DÍAZ SORAYA MESÍAS FERNÁNDEZ PAULA MACIEL PASSOS
ROSA THOMAS PAZ MANOLA IGLESIAS BOUZÓN CARMEN THOMAS PAZ VERÓNICA TEIRA LEIRO