http://istoenormal.org/images/628.jpg

Mobiliario en cartón

Obradoiro con base técnica e de longa duración en que o asistente aprenderá os fundamentos da ergonomía e o deseño básico para pezas en escala real.

Ao longo do curso cada asistente porá en práctica os coñecementos impartidos para construír varias pezas de mobiliario de cartón.

Profesorado: Precicla!

Precicla! é un colectivo formado por xoves arquitectos especialistas en sustentabilidade que avogan polo inminente cambio de hábitos da sociedade na que vivimos, en pro dun consumo reflexivo-sustentable e dunha optimización dos recursos dos que dispoñemos.

Datas: todos os venres entre o 9 de marzo de 2018 e o 8 de xuño de 2018.
Horario: de 18:45 a 21:15 horas.
Lugar: Aula 2.2 de NORMAL.
Prezos: 35 € estudantes / 55 € PAS e PDI / 65 € público xeral / 40 € persoas desempregadas ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %
Participantes: máximo 15 persoas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 de febreiro ao 2 de marzo de 2018. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Enderezo electrónico: normal@udc.gal