http://istoenormal.org/images/455.jpg
María del Pilar Lage

NORMAL estrea horario de verán

Co comezo de xullo, o espazo de intervención cultural da UDC muda o seu horario de apertura.

Durante os meses estivais, NORMAL verá alterado o seu horario habitual. Así, durante o mes de xullo, o horario de apertura do centro será de 9:30 a 20:00 horas, con acceso á sala de exposicións entre as 11:00 e as 20:00 horas. No mes de agosto, só haberá quenda de mañá, entre as 9:00 e as 14:00 horas. A sala de exposicións permanecerá aberta de 10:00 a 14:00 horas, con entrada libre.