http://istoenormal.org/images/455.jpg
María del Pilar Lage

Novas residencias artísticas

Os artistas Marcos Nine, Julio Falagán e Javier Abad están a traballar en senllos proxectos no espazo de intervención cultural da UDC.

Desde o pasado 23 de marzo e até o 28 de abril, Marcos Nine estará e NORMAL a desenvolver a súa obra Puntos de autoridade. Tamén o 28 de abril remata a estancia de Julio Falagán, que está a traballar na súa obra Left vs Right.

Pola súa banda, Javier Abad incorpórase a NORMAL o 27 de abril, onde estará até o 1 de maio para desenvolver a súa peza ¡Vida, más vida!.

As obras destes tres artistas formarán parte de Atmosferas, o proxecto expositivo que ocupará NORMAL entre maio e xullo de 2015.