http://istoenormal.org/images/617.png

Obradoiro de novela gráfica

Obradoiro práctico dirixido ás persoas interesadas no cómic e a novela gráfica como medio de expresión persoal.
O obradoiro constará de dous bloques, no primeiro realizaremos exercicios prácticos de debuxo e narrativa. No segundo bloque, cada asistente poderá desenvolver un pequeno proxecto persoal en forma de fanzine. Neste obradoiro, pensado para persoas maiores de 18 anos, non é necesario un nivel alto de debuxo.

Obxectivos:

- Profundizar na linguaxe e as posibilidades creativas do cómic.
- Aprender a narrar gráficamente historias e experiencias.
- Desenrolar ideas a través do guión, o debuxo, a planificación e o formato.
- Elaborar unha pequena autopublicación (fanzine).

Contidos:

- Unha pequena historia do medio. Linguaxe, formatos e estéticas.
- Debuxo: Fundamentos. Materiais e técnicas.
- Da idea ao guión. Personaxes. Recursos narrativos. Ritmo e ton.
- Posta en páxina: Separar en páxinas e viñetas. Do bosquexo ao acabado final.
- Publicación e autoedición. Papel vs.dixital.

Profesor: Alberto Guitián
albertoguitian.com
facebook.com/guitian.dibuja

Datas: todos os xoves entre o 19 de outubro de 2017 e o 8 de febreiro de 2018.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Lugar: Aula 2.5 de NORMAL.
Prezos: 35€ estudantes / 55€ PAS e PDI / 65€ público xeral / 40€ persoas desempregadas ou con minusvalía
Participantes: máximo 12 persoas.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 2 de outubro ao 15 de outubro de 2017. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: normal@udc.gal