http://istoenormal.org/images/630.png

Obradoiro de novela gráfica II

Continuación do obradoiro do pasado cuadrimestre, no que afondaremos nos aspectos creativos, conceptuais e técnicos da realización de cómics. Para elo faremos exercicios prácticos tanto dentro como fora da aula.

Datas: todos os xoves entre o 16 de marzo de 2018 e o 5 de xullo de 2018.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Lugar: Aula 2.5 de NORMAL.
Prezos: 35 € estudantes / 55 € PAS e PDI / 65 € público xeral / 40 € persoas desempregadas ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %
Participantes: máximo 12 persoas.

Poden inscribirse:
- As persoas que realizaron o obradoiro do primeiro cuadrimestre (outubro-marzo)
- Creadores, estudantes e afeccionados que queiran desenvolver un proxecto de narración gráfica, fanzine ou cómic.
- Persoas maiores de 18 anos con coñecementos básicos de debuxo, cómic ou narrativa visual.

Obxectivos:
- Coñecer as posibilidades creativas do cómic contemporáneo.
- Afondar nos mecanismos e recursos da narración gráfica.
- Experimentar con diferentes ferramentas e técnicas gráficas (tradicionais. dixitais, mixtas)
- Desenvolver un proxecto, facendo fincapé no proceso creativo e no achegamento persoal ao medio do cómic.

Contidos:
- Linguaxes, formatos e estéticas II. Novos camiños do cómic.
- Debuxo e narrativa gráfica: Materiais e técnicas II.
- Da idea ao papel. Desenvolvemento de ideas, premisas e guións.
- Ferramentas dixitais no cómic e a autoedición.

Profesor: Alberto Guitián.

albertoguitian.com
facebook.com/guitian.dibuja

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 de febreiro ao 2 de marzo de 2018. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Enderezo electrónico: normal@udc.gal

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.