http://istoenormal.org/images/632.jpg

Obradoiro de radio

O Obradoiro de Iniciación á Radio ofreceu a posibilidade de coñecer técnicas de locución, preparación dun programa (a produción), manexo de mesa de misturas e software técnico co que se pode incluso realizar gravacións e podcast na túa casa. Na última parte do curso, realizouse un programa de radio en directo no estudio José Couso da emisora.

Curso de iniciación á radio que se desenvolverá nas instalacións de Radio Cuac FM, ubicadas no Campus da Zapateira.

A asociación universitaria CUAC é la propietaria da única radio comunitaria de A Coruña que emite dende 1996.

Datas: todos os xoves entre o 19 de abril de 2018 e o 10 de maio de 2018 ademais do sábado 12 de maio
Horario: de 17:00 a 20:00 horas. O sábado 20 de maio de 11:00 a 14:00
Lugar: Instalacións de Radio Cuac FM. Campus da Zapateira.
Prezos: 18 € estudantes / 28 € PAS e PDI / 33 € público xeral/ 20 € persoas desempregadas ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %
Participantes: máximo 8 persoas.

O curso terá unha duración de 15 horas lectivas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017.

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende do 19 de febreiro ao 2 de marzo de 2018. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 502 e 881 014 518 en quenda de mañá, e 881014514 en quenda de tarde

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Enderezo electrónico: normal@udc.gal