http://istoenormal.org/images/623.jpg

Obradoiro infantil (de 8 a 12 anos) O retrato creativo - Sábado 02 decembro 11-13h

Desde un achegamento totalmente técnico e mecánico, podemos entender a fotografía como a arte de fixar e reproducir as imaxes recollidas por un obxectivo, en cambio, a fotografía pode entenderse, tamén, como algo máis que unha simple imaxe, pode entenderse como unha extensión da nosa mirada, incluso como unha extensión da nosa propia voz.

Do mesmo xeito que un poeta escribe palabras, un escritor conta historias, ou un músico compón melodías, o artista ou fotógrafo debe facer da imaxe unha ferramenta de expresión, convertendo cada fotografía nun vehículo co que compartir a seu propio xeito de ver o mundo.

O presente curso propón un exercicio práctico, de corte experimental e lúdico, en que levar a cabo a copia ou reinterpretación dunha peza, pictórica ou fotográfica, da historia da arte, abrindo o camiño a novas perspectivas e linguaxes dos que poder apropiarse, creando un novo significado a partir do antigo.

Búscase xerar un espazo libre para a expresión, onde os nenos e nenas entren en contacto con recoñecidas obras de arte e experimente, entendendo a fotografía como unha ferramenta de comunicación poderosa e práctica.

Materiais
. Os alumnos deberán traer a súa propia cámara fotográfica. Pode ser unha cámara dixital, unha cámara polaroid ou instantánea, ou incluso un móbil con cámara integrada.

Inscricións normal.comunicacion@udc.gal De balde, até completar aforo