http://istoenormal.org/images/697.png

Obradoiro no Museo do Pobo Galego: A miña primeira película (sen cámara) Obradoiro creativo de cinema para familias, con Alberto Vázquez (Espacio Rojo)

Sabiades que podemos facer cine sen usar cámaras? Neste obradoiro aprenderemos como, aplicando técnicas das artes plásticas sobre o soporte cinematográfico. Desta maneira, os e as participantes poderán intervir sobre o
celuloide, traballar as orixes do cinematógrafo ou manipular un zootropo entendendo como se chega ao movemento na imaxe.

Para familias con nenos e nenas de 6 a 12 anos. 3 € por participante. De balde para persoas no desemprego e socias do Museo.

Inscrición por orde de chegada en servizosdeac@museodopobo.gal

Sábado 9 ás 11h00. MPG