http://istoenormal.org/images/442.jpg

Presentación aos medios de LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS

A vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, presenta aos medios de comunicación o novo proxecto expositivo de NORMAL.

Desenvolvido como una extensión da 5ª edición da Mostra Internacional de Cinema Periférico e con comisariado de (S8), LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS centrará a programación do espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña durante os vindeiros meses. O acto de presentación terá lugar mañá venres, 30 de maio, ás 11:00 horas, en NORMAL (campus de Riazor) e contará tamén coa presenza de Ángel Rueda, director de (S8), Takahashi Munemasa, responsable do proxecto Lost & Found en Xapón, e Bettina Korten, coordinadora da exposición.

Este proxecto propón un diálogo reflexivo entre algúns dos mellores artistas galegos do momento e a cultura xaponesa, a través da reinterpretación dos vestixios fotográficos que sobreviviron á terrible catástrofe nuclear de Fukushima, recollidos no arquivo LOST & FOUND PROJECT. Este arquivo, promovido por Munemasa Takahashi, visita España por primeira vez, despois de ser exposto en cidades como Tokio, Melbourne, Los Ángeles, Nueva York, San Francisco ou Roma.

A nova exposición será inaugurada o propio venres 30 de maio, ás 20:00 horas.

Imaxes da presentación aos medios de LOST & FOUND. ARQUIVOS (RE)COLECTADOS.