http://istoenormal.org/images/324.jpg

Presentación aos medios de TÉ CON MADALENAS

Este novo proxecto será o eixe da programación do espazo de intervención cultural da UDC os próximos meses.

O vindeiro luns 3 de xuño, María José Martínez, vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, presentará aos medios TÉ CON MADALENAS, a proposta artística que centrará a programación do espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña os próximos meses. O acto terá lugar ás 11:00 horas en NORMAL, no campus de Riazor, coincidindo co comezo do work-in-progress na sala de exposicións.

CON MADALENAS é un proxecto artístico que pretende mostrar o ser e o crear das oito persoas que o conforman e que desenvolverán, ao longo de tres meses e especificamente para NORMAL, oito proxectos polifacéticos (instalacións, obradoiros, workshops, performance, proxectos de colaboración cidadá) nos que falarán delas mesmas e dos tempos, espazos e memorias que as constrúen. Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Bello, Lula Goce, Jorge Perianes, Laura Piñeiro e Neves Seara son os oito nomes que protagonizan esta exposición work-in-progress aberta á participación cidadá. Un proxecto comisariado e coordinado por Clara Rodríguez Cordeiro que é un convite á intervención do público no proceso de creación a través das diversas actividades gratuítas que se irán desenvolvendo.