http://istoenormal.org/images/694.png

Presentación de “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros” na Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o xoves, día 7 de febreiro de 2019, ás 19.00 horas, a presentación de “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros”, obra que recolle recompilacións de Celanova e Vilanova dos Infantes elaboradas por varios veciños da zona ligados ás bandas de música deste concello, ás que se lle suman colaboracións doutros autores da comarca. Publicado polo Concello de Celanova, co apoio económico da Secretaría xeral de Política Lingüística, esta obra recolle tamén un vocabulario básico da lingua da xingra ou barallete dos músicos, que aínda actualmente segue a empregarse.