http://istoenormal.org/images/324.jpg

Presentación de AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO

A vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, presentará aos medios de comunicación este venres, 25 de outubro, o novo proxecto expositivo de NORMAL.

AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO centrará a programación do espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña as próximas semanas. O acto terá lugar ás 11:00 horas en NORMAL, no campus de Riazor.

Con AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO, NORMAL ábrese ao conflito cun novo proxecto artístico colectivo en que a videoarte, as instalacións e as accións establecen un diálogo polémico entre o poder e o activismo artístico, presente máis que nunca nas rúas e nos lugares públicos e privados. Espazos ocupados, comunitarios, como síntomas da vontade de debate e de transgresión. A exposición contará con obras de recoñecidos artistas internacionais como Fernando Sánchez Castillo, Iratxe Jaio, Klaas van Gorkum, Mohamed Bourouissa, Jennie Livingston, Cyprien Gaillard, Carme Nogueira, Núria Güell ou Mladen Stilinovic.

A visita guiada pola mostra contará coa presenza de Manuel Segade, comisario do proxecto. A nova exposición inaugurarase ao público o vindeiro luns, 28 de outubro, ás 20:00 horas.