http://istoenormal.org/images/555.jpg

Talento en residencia

A través do seu programa de residencias artísticas, continúa o compromiso de NORMAL co talento, cedendo espazos para o desenvolvemento de proxectos de diversas áreas creativas.

Unha vez rematadas as estancias creativas de Pisando Ovos, para o desenvolvemento da súa obra máis recente, Give it a spin, e Anxela Blanco, durante a cal puxo en marcha a súa nova creación Ulises e a nena durmida, novos proxectos toman forma en NORMAL.

Durante o mes de outubro, o espazo de intervención cultural da UDC recibiu a ArtesaCía, e a Yanina Ivaldi e Eva Fórneas Braña. Estas últimas xa botaron a andar os ensaios de Pulso, un proxecto teatral no que van traballar até a fin deste ano.

Pola súa banda, Fran Martínez realizou unha estancia creativa a última semana de novembro, entre o 23 e o 27. O artista revisitou o material para darlle un novo impulso a un só de danza contemporánea que foi estreado no Teatro Ensalle de Vigo en xuño deste ano.

Segue en residencia, tamén até o mes de decembro, La vida de las tormentas, a obra colectiva que están a crear Davinia Rico, Alba Farta e Blackoza.