http://istoenormal.org/images/567.jpg

TOMA PARTE!

O CUBO de NORMAL acolle as sesións do IV Seminario Hábitat a Escala Humana: Toma Parte!, organizado por Arquitectura Sen Fronteiras, onde se abordarán as Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M.

- Que é a participación? – Como se entende, como podemos lela en 2016 e no noso contexto? – Queremos participar? Sabemos? – Cales son as condicións necesarias? – Como favorecer a participación de quen está nas marxes do sistema? – Participación social e política no momento actual: de partidos e movementos ao partido-movemento. – Quen son e como se definen os suxeitos da participación hoxe?

O seminario estruturase en tres sesións de dúas horas e media de duración cada unha delas, nas cales haberá tempo para a exposición das persoas relatoras e para xerar un espazo posterior de diálogo e intercambio co público.

A proposta diríxese a diversos perfiles tales como, alumnado e profesorado universitario, persoas implicadas en organizacións e movementos sociais e políticos, profesionais vencellados ao desenvolvemento en procesos de participación social e, en xeral, a calquera persoa interesada na materia.

VENRES 13 MAIO /18:30h
MANUEL DELGADO: O activismo desactivado. Sobre o abandono da rúa como espazo de e para a intervención.

MONTSERRAT GALCERÁN: Participación versus representación. A complexidade da participación política nas sociedades actuais.

XOVES 19 MAIO, 18:30h

FRAN QUIROGA: Os comúns. Espazos de posibilidades, mais tamén de conflitos.

MICHAEL JANOSCHKA: Producir un hábitat inclusivo na era do capitalismo depredador. Reflexións críticas a partir de experiencias europeas e latinoamericanas de participación, resistencia e organización cidada.

XOVES 26 MAIO, 18:30h

MESA REDONDA: Experiencias e aprendizaxes na participación social. Posta en común e debate sobre as metodoloxías empregadas polos representantes de colectivos sociais como Proxecto Cárcere, A Casa Colorida e outros no ámbito local.

Pódese facer a inscrición en liña enchendo este formulario.