Clasificado en catalogo

http://istoenormal.org/images/614.png

Presentación do catálogo da exposición BDG70. A revolta do cómic galego

Esperámosvos na presentación do catálogo que terá lugar o próximo mércores 9 de agosto, ás 12:30 horas, no Kiosco Alfonso da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez, 3). Na presentación intervirán Margarita Amor, Manel Cráneo, Xulio Carballo e Pepe Barro.

Esta obra é o froito último do proxecto expositivo BDG70. A revolta do cómic galego, inaugurado a finais de 2016 nas salas de Normal, o espazo de intervención cultural da UDC. A sección do catálogo reúne —en seccións temáticas cun breve texto introdutorio— os materiais gráficos e tridimensionais da exposición; acompáñana unha reportaxe fotográfica do proceso de ideación e montaxe da exhibición, así como colaboracións escritas inéditas de varios actores daqueles anos, que achegan o seu punto de vista e experiencia.

Ler máis