Clasificado en comic

Exposición fotográfica: La Canya!!
bio-construción cómic exposición fotografíaEsta exposición é unha breve historia onde a autora resume a xénese de Dues flors per un cavallet en clave de cómic, Dues flors per un cavallet é un ecofilme en construción, unha longametraxe que documenta a vontade dunhas persoas que, no contexto actual, deciden buscar unha alternativa de vida, real e imaxinativa, para eles e o seu entorno, a bioconstrución. O Delta do Paláncia presentado como o lugar onde conflúen persoas, animais e cousas para darlle sentido a un espazo de vida, de ideas, de resistencia.

Visitas guiadas a 'BDG70 A revolta do cómic galego'
banda deseñada cómic exposición visitaNesta xornada, NORMAL abre as visitas dinamizadas á exposición BDG70 A revolta do cómic galego a todo tipo de públicos.

Metrópoles Delirantes. Radio de portas abertas
banda deseñada cómic radioGravación en aberto do podcast especializado en banda deseñada Metrópoles Delirantes, un espazo pioneiro na comunicación galega dirixido e presentado por Nieves Rodríguez e Manu Barreiro. Nesta ocasión, os convidados son Xulio Carballo, Manel Cráneo, Margarita Amor López e Xaquín Marín.

Viñetas galegas. Da ditadura á transición
banda deseñada charla comic mesa redondaXulio Carballo modera esta mesa redonda arredor dos inicios da banda deseñada en Galicia na que participan os autores Pepe Barro, Fran Jaraba e Pablo Oitabén.

Editar de cero a cen
banda deseñada comic edición obradoiroObradoiro práctico sobre edición de banda deseñada desde a creación ata a distribución dunha publicación, pasando por todas as fases da produción e modalidades de edición.

Editar de cero a cen
banda deseñada cómic edición obradoiroObradoiro práctico sobre edición de banda deseñada desde a creación ata a distribución dunha publicación, pasando por todas as fases da produción e modalidades de edición.

BDG70: A REVOLTA DO CÓMIC GALEGO
banda deseñada comic exposiciónA mostra BDG70: a revolta do cómic galego xorde como resultado da investigación realizada en 2015 por Xulio Carballo para a súa tese de doutoramento sobre a banda deseñada galega. Esta exposición quere pór de relevo a gran cantidade de artistas que, aínda en período ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a través dun medio aínda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente o visitante, que con certeza vai poder mergullarse na historia política e social dos anos setenta por medio da novena arte.

DdC/ Coloquio con David Rubín
charla coloquio comicTras ser adiada a súa colaboración, pechamos os coloquios de DUCIA DE CANS cunha voz imprescindible no mundo do cómic: David Rubín!


ACCIÓN#1 POLAQIA, NIN9 e SR.X
arte urbana comic exposiciónPolaqia, capital Barsowia, anexiona NORMAL.