Clasificado en cursos

http://istoenormal.org/images/619.png

Caligrafía e Lettering

Obxectivos:
Partindo das normas caligráficas tradicionais de diferentes tipos e varias técnicas de debuxo de letras, chegar a realizar un proxecto real aplicable a distintos ámbitos como o do deseño gráfico, manualidades, ilustración, etc.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/618.png

Kino-Ukho. O cine orella. Obradoiro experimental de sonorización e musicalización cinematográfica

Obradoiro de carácter práctico centrado na sonorización musical e non musical de materiais e documentos audiovisuais.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/617.png

Obradoiro de novela gráfica

Obradoiro práctico dirixido ás persoas interesadas no cómic e a novela gráfica como medio de expresión persoal.
O obradoiro constará de dous bloques, no primeiro realizaremos exercicios prácticos de debuxo e narrativa. No segundo bloque, cada asistente poderá desenvolver un pequeno proxecto persoal en forma de fanzine. Neste obradoiro, pensado para persoas maiores de 18 anos, non é necesario un nivel alto de debuxo.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/616.png

Iniciación á fotografía. Comprender a imaxe

Achegamento ao fenómeno artístico da fotografía desde os seus comezos até o día de hoxe (desde a pintura dos Países Baixos á fotografía dixital). Coñecemento da cámara réflex: as súas partes (corpo e obxectivos), a técnica fotográfica (enfoque, encadre, luz) e a técnica de revelado.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/615.png

Convocatoria de matrícula nos obradoiros do primeiro cuadrimestre 2017-18

Información sobre a matrícula:
O prazo de matrícula comezará o día 2 de outubro de 2017 e rematará o 16 de outubro de 2017, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.
As persoas que sexan novos usuarios terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en “autenticacion NON universitarios e familiares” e escoller a opción “rexistro”. Logo de completar o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para matriculárense.
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender os cursos que non acaden o mínimo de cinco persoas

Ler máis


http://istoenormal.org/images/585.png

Aberta a matrícula dos obradoiros do segundo cuadrimestre 16/17

Información sobre a matrícula:
O prazo de matrícula comezará o día 15 de febreiro de 2017 e rematará o 5 de marzo de 2017, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.
As persoas que sexan novos usuarios terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en “autenticacion NON universitarios e familiares” e escoller a opción “rexistro”. Logo de completar o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para matriculárense.
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender os cursos que non acaden o mínimo de cinco persoas

Ler máis