Clasificado en percusión

http://istoenormal.org/images/650.png

Concerto aberto ao público por parte dos alumnos de ritmo e percusión

Despois de trinta horas de exploración, experimentación e diversión rítmica, o obradoiro de ritmo e percusión presenta ao público a síntese do traballo feito. Utilizaremos o noso propio corpo para atopar sons e patróns, dándolle unha nova vida a obxectos cotiáns e empregando tamén outros elementos de percusión para ofrecer un pequeno concerto con ritmo, enerxía e improvisación dabondo.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/631.jpg

Ritmo e improvisación. A percusión vital

Obradoiro de carácter teórico-práctico para comprendermos, apreciarmos e usarmos o ritmo dunha forma creativa. Impartido por Marcel Pascual Royo, músico licenciado en Pedagoxía da Percusión e Vibráfono Jazz.

Esta actividade está dirixida a músicos/as afeccionados/as de tódalas idades, estudantado de música de nivel medio, ou simplemente persoas interesadas en se aproximaren a diferentes formas artísticas con vontade de experimentaren a música de forma lúdica. Utilizarase a percusión corporal, instrumentos musicais básicos e obxectos reciclados por seren ferramentas simples e accesibles.

Ler máis