Clasificado en proxección
'Tomboy' contra a homofobia e a transfobia
proxecciónNORMAL únese coa proxección deste premiado filme de Céline Sciamma aos actos que se están a desenvolver na cidade co gallo do Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia.
EFT/ Sesión de vídeo II
audiovisuais presentación proxecciónActo de presentación e proxección de varios traballos de Mariana Carranza, Anaisa Franco, Francesca Mereu, Chris Sugrue e Lilia Villafuerte, artistas de ELAS FAN TECH.
EFT/ Sesión de vídeo I
audiovisual presentación proxecciónActo de presentación e proxección de varios traballos de Nuria Cano, Fátima Castaño, Bego M. Santiago, Anna Katarina Martin, Yasmina Morán e Inés Parcero, artistas de ELAS FAN TECH.
ESPAZO SÚPER 8: Cinema en directo + concerto de Ulrica
audiovisual cinema concerto experimental proxecciónCon Ulrica a acompañar unha nova sesión de cinema doméstico, botan a cancela o ESPAZO SÚPER 8 e o Festival SINSAL é NORMAL, despois dun mes de actividade.
ESPAZO SÚPER 8: Cinema en directo + concerto de Mano de Obra
audiovisual concerto experimental proxecciónA música da banda coruñesa Mano de Obra acompañará unha nova proxección de cinema afeccionado na segunda sesión do ESPAZO SÚPER 8.
ESPAZO SÚPER 8: Cinema en directo + concerto de Nouvelle Cuisine
audiovisual concerto experimental proxecciónEstrea do ESPAZO SÚPER 8 coa proxección de películas familiares en formato Súper 8 mentres actúa a banda coruñesa Nouvelle Cuisine.
Convocatoria SINSAL é NORMAL Laboratorio
audiovisual encontro fotografía proxecciónO Festival Sinsal é Normal abre a convocatoria de recepción de NEGATIVOS EN BRANCO E NEGRO para a súa selección e posible exhibición dentro do programa de actividades do mesmo.
Convocatoria SINSAL é NORMAL Súper8
audiovisual cinema encontro proxecciónO Festival Sinsal é Normal abre a convocatoria de recepción de películas para a súa selección e posible exhibición dentro do programa de actividades do mesmo.
VIAXES, VIDAS: Estraños no paraíso
ciclo cinema proxecciónCoa ópera prima de Jim Jarmusch remata VIAXES, VIDAS, o ciclo de cinema que pecha o curso en NORMAL.
VIAXES, VIDAS: O ollar de Ulises
ciclo cinema proxecciónO recentemente falecido Theo Angelopoulos sacudiu o cinema da década dos noventa con este retrato poético da vella Europa, nunha das súas obras máis senlleiras.
VIAXES, VIDAS: Unha historia verdadeira
ciclo cinema proxecciónO filme máis irrecoñecible de David Lynch é tamén o máis humano e tenro. A odisea de Alvin Straight non podía faltar no noso ciclo de viaxes.
'Poñer cousas en orde'= Jordi Cussó + Blaze
arte charla cinema proxecciónInauguramos a instalación interactiva de Jordi Cussó e proxectamos a súa curta Quan el cansament venç la bellesa. Despois, charla con Blaze.
VIAXES, VIDAS: Deus e o diaño na Terra do Sol
ciclo cinema proxecciónViaxes, Vidas acolle un dos fitos cinematográficos do Cinema Novo brasileiro e do xenio de Glauber Rocha.
VIAXES, VIDAS: In this world
ciclo cinema proxecciónO británico Michael Winterbottom triunfou no Festival de Berlín con esta historia incómoda e valente. Continúa o ciclo Viaxes, Vidas.
VIAXES, VIDAS: Viaxe en Italia
ciclo cinema proxecciónO percorrido do ciclo de cinema Viaxes, Vidas pasa por Italia da man dunha das obras mestras de Roberto Rosellini.
VIAXES, VIDAS: Alicia nas cidades
ciclo cinema proxecciónEste filme de Wim Wenders abre Viaxes, Vidas, o ciclo de cinema que pecha o curso en NORMAL.
CINESCENA: MARAT SADE
ciclo cinema proxección teatroClausuramos CINESCENA cun clásico atemporal do xenial director teatral Peter Brook, nunha das súas raras e celebradas incursións cinematográficas: Marat Sade.
Suspendida a proxección de 'Pina'
ciclo cinema danza contemporánea proxecciónPor problemas de última hora cos dereitos deste filme, vémonos obrigados a suspender a proxección de Pina, de Wim Wenders. Desculpen as molestias.
Unha cidade por ser + Paso dobre
acción ciclo cinema danza contemporánea proxecciónSesión de danza que combina a presentación de Unha cidade por ser, a nova produción de Danza NORMAL, e a proxección de CINESCENA: Paso dobre, de Bruno Delbonnel.
CINESCENA: Vania na rúa 42
ciclo cinema proxección teatroMaio sae a escena en NORMAL, cun breve ciclo de cinema onde as artes escénicas dialogan abertamente con outras linguaxes. Para comezar, Vania na rúa 42, de Louis Malle.
RIP! A Remix Manifesto
arte sonora cinema proxecciónRIP! A remix manifesto é un filme documental que recibiu múltiples premios. Foi realizado polo ciberactivista e cineasta Brett Gaylor para denunciar o sistema de copyright.
Baraka, o último paraíso
arte sonora cinema proxecciónComo complemento audiovisual a NÓSOMOSÒN, proxectamos varios traballos documentais onde a experiencia sonora é fundamental para o espectador. Comezamos con BARAKA, o último paraíso, o celebrado clásico documental de Ron Fricke.
Alumnado creativo nos arredores de 'Marcela e Elisa'
audiovisual obradoiro proxecciónO 20 de marzo recibiremos ao alumnado e profesorado do CIFP Monte Alto e dos IES Ramón Menéndez Pidal e Elviña da Coruña para proxectar os traballos que realizaron nos obradoiros de video-creación que formaban parte do programa didáctico da exposición Marcela e Elisa.
Sesenta e oitos: Os amantes regulares
cinema proxecciónEn que punto coincidía o 68 das rúas con aquel outro prendido no interior de quen levantaban os lastros? Segunda sesión do achegamento a dúas visións sobre o proceso cun mesmo actor protagonista: Louis Garrel.
Sesenta e oitos: Os soñadores
cinema proxecciónEn que punto coincidía o 68 das rúas con aquel outro prendido no interior de quen levantaban os lastros? Dúas visións sobre o proceso cun mesmo actor protagonista: Louis Garrel.
As amargas bágoas de Petra von Kant
cinema feminismo igualdade proxecciónCon este intenso drama escrito e dirixido por R.W. Fassbinder, un dos máis destacados representantes do chamado Novo cinema alemán, remata o ciclo Marcela e Elisa (á volta d) o lesbianismo no cinema.
Media hora máis contigo (Desert hearts)
cinema feminismo igualdade proxecciónNo canto de Go fish, coa que tivemos problemas coa copia, proxectamos Media hora máis contigo (Desert Hearts), filme de 1985 dirixido por Donna Deitch.
Koyaanisqatsi
cinema experimental proxecciónO filme forma parte dunha triloxía que comprende as películas Koyaanisqatsi, Powaqqatsi (1988), e Naqoyqatsi (2002).
Radiografía dun autor de tebeos. Marcos Nine
audiovisual documental proxecciónProxección do documental Radiografía dun autor de tebeos. Dirixida por Marcos Nine, esta producción galardoada recentemente co Mestre Mateo ao mellor documental e na actualidade en competición en numerosos certames cinematográficos internacionais, versa en torno a figura e a obra do autor de tebeos galego David Rubín, membro tamén do colectivo Polaqia.
